O 22 de novembro a APEHL festexa os 40 anos

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) cumpre este 2017 40 anos e celebra o seu aniversario o vindeiro mércores 22 de novembro no IES Sanxillao de Lugo.

No acto, que comezará as 12:00 horas, estarán presentes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente da Federación Española de Hostalería e Restauración (FEHR), José Luis Yzuel; representantes municipais e provinciais; así como outras personalidades do mundo da hostalería.

Ademais de lembrar os logros acadados e os proxectos futuros, rendirase homenaxe a varios socios fundadores pola súa achega e entrega na creación da Asociación. Os recoñecementos serán para Alberto García, do Mesón de Alberto, de Lugo; José Luis Loureiro, hostaleiro de Sarria e presidente da APEHL dende 1983 a 1986; Ángel López-Leitón, do Hotel Leytón, de Foz; e Santiago Argüeso, gran colaborador no proceso de constitución e apoio fundamental para o primeiro presidente, Manuel González-Granxeiro.