Buscar/Hemeroteca

martes, 21 de noviembre de 2017

Melloras na Praza de Abastos de Pontevedra

A Concellaría de Promoción Económica iniciou esta semana os primeiros traballos de transformación do Mercado de Abastos de Pontevedra para crear un espazo gastronómico sostible e converter á Praza nun referente gastronómico baseado no produto da terra.

O primeiro paso é baixar os negocios situados no primeiro andar. Esta semana comezaron os traballos para acondicionar o espazo que ocupará á lonxa. Resituarase na parte dereita da Praza (mirándoa de fronte), de onde se trasladou un posto de conxelado.

O espazo será totalmente acondicionado con novo pavimento no chan, pintado de parades, tabicación para separar o lavado das caixas, instalación do termo da auga e baixada dos fregadoiros. Instalarase un enreixado novo para que sexa unha dependencia totalmente independente do Mercado de Abastos.

Ao mesmo tempo, a Concellaría tamén está a acondicionar e a mellorar as casetas da planta baixa que están baleiras, e nas que se situarán os negocios que se trasladarán da planta alta. Está previsto que baixen dous establecementos de ultramarinos, unha carnicería e os postos da froita, ademais da lonxa.

No primeiro andar, quedará o actual negocio de produtos ecolóxicos, os dous bares e o espazo infantil O Ganapán.

Está previsto que toda a obra estea rematada ao longo do mes de decembro, momento no que poderá baixar, cando menos, a lonxa.

No hay comentarios: