"Estrelas da despensa galega", por Carina Regueiro

Chega estes días ás librarías Estrelas da despensa galega, un libro para aprendermos sobre a nosa gastronomía e os seus produtos da man de Carina Regueiro, un libro no que a cociña do país se entende como parte esencia da nosa expresión cultural, inseparable das xentes ou a paisaxe. 

En palabras de Xosé Cermeño, autor do prólogo Estrelas da despensa galega “conta, con precisión de xornalista e encanto de boa narradora, como se produce esa viaxe, desde que os grelos, os berberechos e os xatos nacen como parte da paisaxe de Galicia ata que aparecen nun prato”.

Un libro este onde Carina Regueiro quere facernos comprender que “a aparente simplicidade de produtos e receitas agocha historias sorprendentes e complexas, onde non falta a inventiva, a ousadía técnica e a imaxinación emprendedora”, e lógrao grazas ao seu oficio de xornalista, que consegue darlles a palabra aos verdadeiros protagonistas, os produtos de noso, sen perder en ningún momento o rigor e o respecto polos feitos.

Ademais este volume, dividido segundo a orixe dos alimentos (“Da terra”, “Do mar”, “Da granxa”, “Do campo” e “Da fábriga e do forno”), inclúe 67 receitas coas que ir degustando, da mellor maneira posible, cada un deles.

Estrelas da despensa galega, moito máis ca un recetario, é un libro imprescindible para os amantes da cociña, unha viaxe do prato á paisaxe e á identidade.

f_editorialgalaxia.gal