Desestacionalizar o turismo na Coruña coa campaña "Reláxese"

A Deputación da Coruña apoia o programa anual de actividades culturais e turísticas encamiñadas á desestacionalizar o turismo "Reláxese" para o que a Deputación achega unha partida de 20.000, segundo consta no convenio asinado a pasada semana polo deputado de Turismo e Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira e o alcalde José Manuel Mouzo.

Por medio deste programa de dinamización turística, desenvólvense actividades diversas cunha temática diferente cada mes do ano. Baixo o título "Nove meses, nove actividades turísticas", as persoas que visitan Laxe –máis alá dos meses de xuño, xullo e agosto-, poden gozar dun variado programa de actividades no que foron protagonistas o Turismo Científico, o Gastronómico, o Cultural, o Arqueolóxico ou o Enolóxico, entre outros, e que deixaron patente a viabilidade de desenvolver un modelo turístico alternativo e sostíbel, que contribúe a darlle estabilidade a este sector no Concello.

Ademais, durante os meses de novembro e decembro, o proxecto "Reláxese 2017" desenvolverá actividades vencelladas co Turismo Ecolóxico e co Turismo Arquitectónico; derradeiros segmentos dun programa, no que terán lugar conferencias, actividades ao aire libre, talleres ou visitas guiadas, ademais da II Ruta de Pinchos con Castañas.