Case oitenta mil euros para homologación do Camiño dos Faros como GR

O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo de 200 quilómetros que une Malpica con Fisterra polo borde do mar. Atravesa un total de nove concellos da provincia da Coruña: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo. O Camiño dos Faros constitúe un patrimonio natural e cultural de gran valor, tanto como recurso turístico como na súa condición e elemento de dinamización socioeconómico. 

A actividade que financia o proxecto, cunha chega da área de Turismo de case oitenta mil euros, pretende converter a Ruta en Senda de Gran Percorrido (GR), o que mellorará o trazado e seguridade, a difusión mediática e o coñecemento por un maior número de persoas, permitindo unha valorización dun recurso natural do que participan nove concellos da Coruña.

A homologación converterá o Camiño en eixo vertebrador do turismo da comarca. No proxecto que financia a Deputación da Coruña inclúese a diagnose e estudo de definición da senda, a execución de intervencións como homologacións da Federación Galega de Montañismo ademais de topoguía, sinalización e panelización e, finalmente, estudo e execución das medidas e obras de acondicionamento.