A Coruña convoca un concurso de ideas para deseñar unha nova marca turística

O Consorcio de Turismo da Coruña,  convocou un concurso de ideas aberto á toda a cidadanía e dotado cun premio de 9.000 euros co fin de escoller unha nova marca turística para a cidade que reflicta o seu carácter "atlántico, cosmopolita e inspirador", e que sexa empregada nas comunicacións, merchandising e publicidade deste ente dependente do Concello da Coruña, presidido polo concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema,

Até o 21 de novembro,poderán presentarse os traballos, que  deben ser orixinais e basearse na construción unha marca atractiva e diferente inspirada nos recursos e valores da cidade.

),  Segundo comentou Lema, este procedemento aberto, está directamente relacionado "coas fortalezas turísticas que detecta na cidade o noso recente Plan Estratéxico de Turismo". "Ese documento, que conta con respaldo tanto do goberno local como do sector turístico da cidade, incide en que A Coruña é unha cidade cunha imaxe moderna, amable e de vangarda á que nunca se lle sacou partido", indicou. En concreto, o Plan Estratéxico de Turismo especifica que "A Coruña é unha cidade atlántica cunha gran identidade cultural, e unha paisaxe e unha contorna especial, ademais de contar cun monumento patrimonio da humanidade como é a Torre de Hércules". O mesmo tamén destaca a calidade humana da cidade, así como o seu estilo de vida propio, marcado polo mar, e o seu carácter inspirador, ateigada de persoas creativas e que xeraron tendencia (Lugrís, Picasso, Luís Seoane, Manuel Rivas, Emilia Pardo Bazán, Curros, Manuel Gallego Jorreto). "Á hora de 'vendernos' cara ao exterior dunha forma sostible e realmente proveitosa tamén é necesario que destaquemos que somos unha cidade con excelentes equipamentos culturais e profesionais, cunha oferta cultural, de ocio e de música ao vivo moi heteroxénea e cunha gastronomía que combina tradición e innovación", engadiu. "Ese é o espírito que se ten que ver reflectido nesta imaxe que queremos abrir, de forma participada, á cidadanía", dixo.

As bases, que atópanse xa dispoñibles no perfil do contratante da web do Consorcio de Turismo (www.turismocoruna.com.) indican que a creación da marca é de libre procedemento, coa condición que de inclúa á palabra 'A Coruña'. Os e as concursantes deben aplicar os deseños da marca, facendo unha montaxe visual nunha selección de produtos (folletos, publicacións, imaxes dixitais), até un número máximo de cinco, así como merchandising habitual (bolsas de tela, camisetas, paraugas e pins). Os traballos deberán incluír unha proposta de deseño e até un máximo de dous lemas turísticos que estean acordes coa imaxe gráfica e os valores da cidade.

O xurado do concurso estará presidido polo presidente do Consorcio, Alberto Lema, e contará coa xerente do mesmo, Lanzada Calatayud, así como o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, e outros representantes tanto da xunta de goberno do Consorcio, como da Escola de Turismo da Coruña, a Fundación Luís Seoane, o comité de seguimento do Plan Estratéxico de Turismo ou o sector hostaleiro e congresual da cidade.