A AGE promove o 2ª Encontro Enolóxico galego

O vindeiro 17 de novembro de 2017 a Asociación Galega de Enólogos (AGE) celebra o 2ª Encontro Enolóxico galego nas instalacións de Casal de Armán (Ribadavia – Ourense). O obxectivo desta xornada é coñecer e poñer en práctica as últimas innovacións tecnolóxicas aplicadas a enoloxía por medio de conferencias, catas e degustacións. A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia colabora nesta actividade co apoio loxístico e de difusión.

A actividade, cun xantar posteriorpola celebración do 15 aniversario, é de balde para os socios de AGE e ten un custe para os non socios. 

Entre as ponencias, LALLEMAND abordará a temática “Protexer e aumentar a calidade do viño da crianza ao embotellado. ”AEB centrarase en “Madeira, lías e osíxeno”. Dende DOLMAR analizaran “O teu viño baixo o microscopio, ¿Sabes identificar os precipitados?”.

A mediodía COLOMBIN, depois de expoñer “O corcho ideal leva discos con poro horizontal.” oficiará unha Cata de blanco, tinto, rosado e espumoso italianos con corcho de discos de poro horizontal. E de seguido, Cata ENARTIS de rosados e tintos estabilizados con productos de nova xeración. e Cata NOMACORC de blanco, rosado e tinto con diferentes cierres.

Podeconsultar toda a información e descargar o programa máis a folla de inscrción en:http://evega.xunta.gal/xornadas-tecnicas-ii-encontro-enoloxico-galego/