Santiago analiza os resultados turísticos do 2017

O Consello Municipal de Turismo de Santiago reuniúse para abordar a análise dos principais resultados turísticos do 2017, a presentación das principais liñas de traballo para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2022.

A vista dos principais datos de pernoctacións publicados polo INE ata o momento, a cidade está vivindo un grande ano turístico, coa previsión de que ao final de ano se alcancen as cifras históricas do Ano Santo 2010, con 1.430.000 pernoctacións.

Os datos do INE amosan tamén que o crecemento constante en número de pernoctacións estase producindo grazas ao importante incremento do turismo internacional. Así, mentres que, no Ano 2010, o 71,6% das pernoctacións foi de turismo doméstico e só o 28,4% de turismo internacional, neste 2017, o turismo internacional roldará xa o 50% do total.

A cidade está vivindo unha desestacionalización paulatina nos últimos anos, especialmente nas temporadas baixas e media. Na temporada baixa deste ano, entre novembro do 2016 e febreiro do 2017, a cidade tivo máis de 320.000 pernoctacións, a segunda mellor cifra da serie histórica, só tras o Ano Santo 2010. Pola súa parte, a temporada media deste ano 2017, de marzo a xuño, foi xa a mellor da historia, por riba incluso do Ano Santo 2010.

En relación o Plan Estratéxico de Turismo 2017-2022, os obxectivos principais son coñecer á realidade actual da situación turística da cidade mediante un Plan de Concertación, elaborado a partires de enquisas, entrevistas personalizadas e mesas de traballo co sector, e o análise de fontes de información. Tamén está avaliar a sustentabilidade e a eficiencia na xestión dos fluxos turísticos, analizando ás necesidades de gravames e taxas, así como as medidas contra a oferta de aloxamento non regulada, e definir as liñas de traballo estratéxicas e as accións a desenvolver para o turismo nos próximos anos.

Ademáis, profesor Caramés presentou o seu informe sobre a Taxa Turística, positivo sempre que se fixera dunha maneira proporcionada, tendo en conta as diferentes temporadas e tipos de aloxamento, e utilizando ademais tipos moderados, e precedido dun diálogo co sector para amosarlles as razóns que motivarían a medida.

f_ santiagodecompostela.gal/