Novo paseo fluvial entre Tarreirigo e o núcleo de Esgos

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño–Sil (CHMS), Francisco Marín, e o alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, asinaron un convenio de colaboración para a construción dun paseo fluvial entre Tarreirigo e o núcleo de Esgos. 

O acordo inclúe tamén obras de mellora no saneamento na parroquia de Achas. O proxecto, para o cal se destina un orzamento total de 265.000 euros, que será sufragado ao 50% pola Deputación de Ourense e a CHMS, permitirá a execución dun paseo peonil, denominado sendeiro a Tarreirigo, dunha lonxitude total de 700 metros, que se poderá sumar ao paseo existente, pola marxe esquerda do río Do Grañal. 

Asemade, este convenio permitirá mellorar o saneamento da parroquia de Achas, para dotar dun sistema de saneamento municipal a domicilios que non dispoñen do mesmo na actualidade.