Buscar/Hemeroteca

miércoles, 4 de octubre de 2017

Baltar foi elexido vicepresidente da EHTTA

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, foi elixido vicepresidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA), entidade á que pertence a Deputación de Ourense e que supón a rede termal máis importante de Europa, na que están presentes 40 membros de 13 países, con cidades como Baden Baden, Bath, Budapest, Vichy e a propia capital de Ourense, unha das fundadoras, ao tempo que forma parte do Itinerario Cultural Europeo das Cidades Históricas Termais.

Na asemblea xeral desta entidade, celebrada en Loutraki (Grecia), e na que participou o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, analizáronse aspectos económicos e de promoción relacionados co ámbito termal e tamén o "Atlas Termal", que fora presentado por Manuel Baltar en Bruxelas, un proxecto que supón a maior base de datos sobre recursos termais en Europa. Manuel Baltar foi elixido por unanimidade vicepresidente da rede termal europea, en cuxa xuntanza de hoxe tamén se elixiu ao novo comité executivo por un período de tres anos e se abordaron cuestións financeiras e de estratexias de promoción e comunicación.

Un punto importante da axenda foi o traballo sobre o "Atlas Termal de Europa", que presentara Manuel Baltar en Bruxelas, en representación dos territorios da EHTTA, proxecto que supón a maior base de datos sobre recursos termais en Europa, para o estudo e divulgación do patrimonio termal europeo. O "Atlas Termal de Europa" ten como finalidade compilar e xestionar a información sobre recursos e valores dos territorios termais europeos desde o punto de vista natural, cultural e intanxible. Este proxecto tivo a súa orixe no Comité Científico da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais e no Itinerario Cultural Europeo das Cidades Históricas Termais, avalado polo Consello de Europa, e foi desenvolvido por un equipo multidisciplinar de expertos en termalismo, patrimonio, historia, paisaxe, urbanismo e turismo, coordinados por Mario Crecente, redactor do plan "Ourense, a provincia termal".

No hay comentarios: