Alternativas para un fin de semana gozoso sin salir da terra nai

Ademáis de citas de referencia para o asueto inmediato coma a Festa do Marisco en O Grove ou o San Froilán en Lugo, temos para este fin de semana outras citas entre as ue cabe mencional a Festa da Navalla, en Lourido (Poio); a da Mazá e a Sidra, en Santo Tomé de Piñeiro (Marín) ou a do Caraco, o domingo) en Santa María de Sacos (Cerdedo-Cotobade).

O paseo de Lourido acollerá este fin de semana unha nova edición da Festa da Navalla, un dos eventos gastronómicos de Poio que está a ter un arranque máis espectacular, posto que no seu quinto ano de celebración o evento aspira a repartir 800 quilos do produto estrela en distintos formatos e ao mesmo prezo que o ano pasado.

Pola súa banda, a agrupación Amigos da Mazá e da Sidra de Santo Tomé de Piñeiro ten todo a punto para a súa fiesta gastronómica que acada este fin de semana a XIX edición. 

Durante estas dúas xornadas, os usuarios poderán adquirir diferentes produtos nos postos de venda a partires das 11.00 horas do sábado e, dende unha hora antes, o domingo. Allí poderán mercar artesanía, sidra, manzás e outros produtos gastronómicos.

A VIII Festa Gastronómica do Caracol celébrase este domingo, día 8, en Santa María de Sacos. A partires das 11 horas comezará a degustación de caracois en diferentes preparacións, con pan, vino ou agua. Ademais, os asistentes tamén poderán disfrutar de churrasco e callos.