
Ademais para continuar coa estratexia de comunicación que a sección de turismo da Deputación ven facendo nos últimos meses e co obxectivo de converterse nun referente de promoción dos destinos da provincia, contará cun photocall para dinamizar as redes sociais, co que todas as persoas que participen teñen premio seguro, e cun rocódromo, como reclamo e mostra da oferta turística de natureza da provincia.
O MIMOC nace coa intención de converterse nun referente no ámbito europeo como punto de encontro dun amplísimo universo de actividades de ocio. Durante eses días haberá actividades para todos os públicos, como cursos de condución segura, voos en globo aerostático, probas de drons e simuladores de voos, e unha ampla oferta de ocio infantil coma inchables e probas de motos e quads, entre outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario