70.524 euros da Deputación da Coruña para promocionar a cultura tradicional

Destinada ás entidades e asociacións da cultura tradicional da comarca de Compostela e co obxectivo de impulsar a música e a danza popular galega, a área de Cultura da Deputación da Coruña ven de adxudicar unha partida de 70.524 euros dacordo as dúas liñas de axuda mobilizadas polo ente provincial, investimentos e actividades.

Así, as corais polifónicas, as bandas de música popular e as entidades de música e baile tradicional compostelás, poderán adquirir os instrumentos, o vestiario e os complementos que precisen para levar a cabo as súas actuacións, ademáis de facilitarse a organización de obradoiros, concertos, certames, xornadas ou festivais.

A vicepresidenta e responsabel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, subliñou que estas liñas de axuda teñen como obxectivo "apoiar as entidades que están a traballar pola dinamización e a transmisión da nosa cultura tradicional nun movemento que compromete gran cantidade de mozas e mozos que, a través de asociacións locais maiormente, están a contribuír de maneira decidida a manter viva a nosa cultura".