Sanemento da ría de Ferrol

Os alcaldes de Ferrol e Narón, Jose Manuel Blanco e Jorge Suárez, as concelleiras Marian Ferrreiro e María Fernández Lemos, ademais de técnicos de ambos concellos -enxeneiros, secretarios e interventores municipais- reuníronse abordar o acordo polo sanemento da ría de Ferrol coa clara e evidente intencionalidade política de pechar un convenio que desbloquee a cuestión.

"Hai un acordo de boa fé, con independencia de que no futuro se axuste aos caudais reais. Agora, do que se trata e que ambos Concellos traballen conxuntamente na redacción dun acordo, que trataremos de aprobar canto antes para tratar de desbloquear unha situación qeu se derivou nos municipios pero que sabemos que é, a responsabilidade última, de Augas de Galicia que se desentendeu da xestión dunha depuradora que tiña conveniada coa Confederación Hidrográfica no Norte", manifestaba o rexedor ferrolán.

A vindeira reunión terá lugar a primeiros de setembro. Será a comisión de seguemento de Acuaes, e permitirá evaluar os niveis de depuración na ría de Ferrol desde a posta en marcha real e efectiva da EDAR, con efectos beneficiosos na calidade das augas que xa teñen o seu reflexo nas analíticas e no día a día das confrarías.