Repunte turístico de Ferrol

Ferrol ven de experimentar un importe reponte como destino turístico no Noroeste galego, gracias, en parte ao tirón que está a ter a promoción do Camiño Inglés a Compostela, xunto con outros eventos deportivos, festivos e culturais e a base do seu patrimonio industrial, marítimo e natural.

Este verán, a Cidade Departamental incrementou o número de turísticas un 22% con respecto aos datos rexistrado no mesmo período do ano 2014. Nos meses de xullo e agosto as dúas oficinas municipais de turismo, sitas na Praza de España e no barrio de Ferrol Vello, Atención ao Peregrino, atenderon un total de 10.682 persoas.

Do total de 10.682 visitantes, 2.694 foron peregrinos que iniciaban na cidade o Camiño Inglés, o 25,22 % do total, cando hai tan só 3 anos, en 2014, este segmento representaba en torno ao 6% do turismo na cidade. O turismo nacional supuxo o 72,17%, das visitas, con 7.709 persoas, fronte ao internacional con 2171 visitantes (20,32%).

No plano estatal e por comunidades, Madrid (27,82%), foi a comunidade da que procedían case unha terceira parte dos turistas que chegaron este verán a Ferrol, seguido de Andalucía (9'40%), Castela e León (9'30%), Cataluña (8'42%), Euskadi (7'31%) e Comunidade Valenciana (5'6%).

Os turistas internacionais que máis nos visitaron este verán foron 813 italianos (o 37'45% do total), 278 franceses (12'80%), 215 alemáns (9'9%), 161 portugueses (7'42%), 130 británicos (5'98%), seguidos en menor medida de holandeses, irlandeses, suízos e ata rusos (20 persoas). De fóra de Europa, destacaron os turistas procedentes de EEUU (93 persoas) e de Arxentina (44 persoas).

No referente ao perfil do visitante, o 51'53% foron mulleres e o o 48'47% homes, maioritariamente no grupo de idade 31-60 anos (55'76%), seguidos dos menores de 30 anos (20'6%) e finalmente os maiores de 60 anos que supuxeron o 15'56% do total.