Outono gastronómico en turismo rural

A XI edición do Outono Gastronómico volve ás casas de turismo rural galegas neste último cuadrimestre do ano. E faio para ofrecer, desde o 15 de setembro ao 17 de decembro, unha completa oferta de menús, paquetes turísticos e estancias de fin de semana nalgunha das 89 casas de turismo rural participantes nesta edición. Dos establecementos rurais participantes 22 son da provincia da Coruña; 20, da de Lugo; 21, da de Ourense; e 26, da de Pontevedra.

O Outono Gastronómico foi ccreado por Turismo de Galicia en colaboración coa rede de establecementos de Turismo Rural de Galicia co obxectivo de contribuír a dinamizar o turismo rural nesta época do ano, ofertando actividades complementarias encamiñadas á desestacionalización do turismo.

Ademáis do “Menú Outono Gastronómico” tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” que permite degustar o menú de outono gastronómico e pernoctar unha noite na casa de turismo rural elixida, ou gozar da oferta completa coa “Fin de semana Outono Gastronómico”. E tamén compartir coa familia unha fin de semana grazas á oferta da “Fin de Semana Familiar.

Para una máis ampla información sobre os diferentes paquetes e establecementos participantes consultar a web www.turismodegalicia.gal