Festival do Leite en Lugo

Reivindicar a importancia do leite e do sector lácteo na economía galega. Con este obxectivo se celebrará o II Festival do Leite en Lugo, a capital do sector lácteo galego, concretamente na zona do Parque do Pazo de Feiras e Exposicións.

O evento foi presentado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a xerente da empresa propietaria da marca Deleite, organizadora do evento, Patricia Sánchez, o responsable de produción do festival, Manuel Tarrío; o actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, e un representante de Leite Noso, Pedro Boquete, no patio central do Vello Cárcere.

Ao longo de toda a xornada, que arrincará ao mediodía e se estenderá ata a medianoite, o público asistente a esta romaría familiar poderá gozar de xeito gratuíto de grupos referentes do panorama musical galego como Caxade, Terbutalina ou Os Amigos dos Músicos, entre moitos outros. Tamén actuará Xosé Antonio Touriñán, o famoso humorista gráfico Luis Davila, e haberá programación infantil e diversas foodtrucks que ofrecerán servizo de xantar. 

Pero ademais este festival, e ao igual que a primeira edición celebrada o pasado ano en Santiago de Compostela, que reuniu 8.000 persoas, perséguese un fin social. Deste xeito, os beneficios económicos do Festival do Leite destinaranse a axudar ás persoas refuxiadas. Asemade, pídeselle ás persoas asistentes que aporten algún produto alimentario de primeira necesidade que se destinará aos Bancos de Alimentos. Deleite tamén doará unha cantidade de leite para as persoas máis necesitadas