Buscar/Hemeroteca

viernes, 8 de septiembre de 2017

En ruta coa Deputación de Pontevedra para coñecer a provincia

O programa da Deputación de Pontevedra "En ruta coa Depo" continúa a súa andadura esta fin de semana coa participación de máis de 1.500 persoas de 16 concellos da provincia nos itinerarios preparados pola institución provincial. En total, ata o domingo terán lugar 15 novas excursións que permitirán ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra.

A Deputación achega a este programa 260.000 €, 21.500 € máis que o ano pasado, e oferta por vez primeira 400 prazas gratuítas para persoas con dificultades económicas ou risco de exclusión social. "En Ruta coa Depo" oferta un total de 32 rutas distribuídas entre seis bloques: temáticas, culturais, marítimas, adaptadas para persoas con mobilidade reducida, dinámicas/activas/xuvenís e, por último, interxeracionais e para ANPAs. O catálogo de rutas pódese consultar no catálogo dispoñible na páxina web www.depo.gal.

No hay comentarios: