Cuarta edición das xornadas "Astrotrevinca",

Durante os días 22, 23 e 24 de setembro, o Concello da Veiga acollerá a cuarta edición das xornadas "Astrotrevinca", que achegarán a astronomía a tódolos interesados na observación do ceo. 

 A programación dará comezo o venres, 22 de setembro, ás 22.00 horas, coa observación no mirador astronómico de As Tablillas. O sábado, 23 de setembro, as actividades iniciaranse ás 10.45 horas coa presentación das xornadas, para continuar coa conferencia "Buscando a enerxía escura desde Teruel. O observatorio Astrofísico de Javalambre", a cargo de Ramón Iglesias Marzoa. 

Ás 12.00 horas será a quenda para Óscar Blanco, quen falará de "El último eclipse total de sol en la Península Ibérica, A Veiga en 1912". Pola tarde, as actividades retomaranse ás 16.30 horas coa conferencia "Tiempo y clima en Galicia" de Xavier Fonseca e, ás 17.30 horas, será a quenda para Salvador Bará que exporá "Como protexer os ceos escuros da contaminación lumínica". 

A partir das 19.30 horas rematará a xornada formativa Óscar Blanco con "Fotografiando paisajes celestes". Por último, ás 22.00 horas, realizarase novamente a observación astronómica no mirador de As Tabillas. O domingo, 24 de setembro, a programación dará comezo ás 11 horas coa observación solar a cargo da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e, ás 14.00 horas, será o peche das xornadas. 

Os interesados en participar poderán inscribirse na Oficina de Turismo de A Veiga a través do número de teléfono 988350130, ou do correo turismo.aveiga@gmail.com.