Buscar/Hemeroteca

martes, 19 de septiembre de 2017

Arranca a 39ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo

Arranca a 39ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, do 18 ao 23 de setembro. O Goberno da Deputación de Lugo é o principal patrocinador desta cita cinematográfica, cunha achega económica de 35.000 euros. Tamén colabora a través da TIC, que elaborou un vídeo promocional para difundir o festival por toda a provincia. Pola súa parte, o Concello de Lugo, colabora con outros 18.000 euros.

Nesta 39ª edición, o festival rende homenaxe ao mindoniense Victoriano López García, Fundador e Director do Instituto de investigacións e experiencias cinematográficas, e primeiro lucense en gañar un Premio Goya, no aniversario do seu falecemento, a través do cartel oficial da Semana, así como a reposición dalgunha das súas películas nas distintas salas do Festival. Este ano o cartel anunciador da semana o realizou o pintor lucense LÁZARE.

As cintas foron seleccionadas tras recibir máis de 1.500 longas e curtas, de 65 países de todo o mundo, das que seleccionaron 93 para esta edición. Dentro da programación do festival, figuran 10 ciclos: Ciclo infantil, O mellor do ano, Sección Oficial, E para comer...Lugo, Arte de cine, Ciclo Cárceres, Grandes Historias, Cine Galego, Homenaxe a Victoriano López García, e Sección curtas de cine.

Todas as películas que se proxectarán na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL, Vicerreitorado da Universidade (Casa do saber), Vello Cárcere, e no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, serán totalmente gratuítas. As cintas no Auditorio municipal Gustavo Freire, terán un prezo de entre 3 e 5 euros, dependendo do ciclo.

f_ deputacionlugo.org

No hay comentarios: