Actualización do casco histórico de Cee

González Formoso, acompañado do deputado de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, foi recibido á súa chegada ao Concello de Cee polo alcalde de Cee, Ramón Vigo Sambade, e polos voceiros do PSdG-PSOE e Ciudadanos na localidade, Margot Lamela e Plácido García, perante os que explicou polo miúdo os investimentos que a Deputación ten programados no municipio durante o presente ano.

Formoso destacou o "investimento histórico" do Plan único, que unifica por primeira vez todas as achegas provinciais "nun único programa anual de 74 millóns de euros baseado en criterios obxectivos", e que suporá para Cee unha inxección económica de 645.585,69 euros.

O presidente debullou algunhas das principais vantaxes do novo Plan único que, ademais de contar co maior investimento da historia, ofrece aos concellos "un financiamento local estable, independentemente da cor política do goberno municipal, e total autonomía á hora de decidir onde se invisten os fondos que achega a Deputación".

O novo programa provincial permite ademais destinar parte dos fondos á redución da débeda municipal, a financiar gasto corrente ou o pago a provedores, contribuíndo así a sanear as economías municipais. No caso de Cee, o municipio amortizará 43.647,38 euros da súa débeda municipal e destinará 85.677,89 euros a financiar parte do seu gasto corrente, que inclúe os servizos de limpeza viaria, recollida de lixo, iluminación pública, cemiterio, biblioteca ou mantemento de parques públicos. "Servizos básicos municipais que a Deputación contribúe a financiar a través do Plan único", apuntou Valentín González.

f_dicoruna.es