Monforte acollerá a mediados de xullo o Festival do viño da Ribeira Sacra

José M. Rodríguez, presidente da D.O.
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira via presentar o Festival do viño da Ribeira Sacra 2017 que se vai celebrar en Monforte de Lemos os días 14, 15 e 16 de xullo con motivo da celebración dos 25 anos da creación da D.O.

Baixo o lema “Un viño que crea un territorio”, o Festival vai englobar actuacións musicais, catas de viño repartidas en 21 stands correspondentes a outras tantas adegas, exposición de artesanía e a organización de rutas turísticas polas localidades que abarca esta Denominación de Orixe.

Na presentación, que se desenvolverá na Capela do Hostal dos Reis Católicos, vaise narrar este cuarto de século de vida da D.O ao través dunha exposición de fotografías e textos que ocuparán 20 paneis en 5 tótems cúbicos.