150 anos do Grupo Cuevas

Unha das actividades coas que o Grupo Cuevas conmemora os seus 150 anos e o I Concurso “Ignacio de las Cuevas” de creatividade artística. La Molinera acolleuo acto de presentación das obras gañadoras e finalistas.

Asistiron o acto o director xerente do Grupo Cuevas, Artur Yuste; o presidente da Deputación, Manuel Baltar; e César Taboada, director da Escola de Arte Superior e Deseño de Ourense e presidente do xurado do certame.

“A relatividade do tempo é o fío conductor desta magnífica exposición, a mensaxe que nos lanzan os 34 traballos finalistas neste novidoso e innovador concurso "Ignacio de las Cuevas" de creatividade artística. Porque fomentar a creatividade, en calquera das súas disciplinas, é algo que debe contar con todos os nosos parabéns. Sen creatividade, non hai innovación. E sen innovación, non hai progreso”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez no seu discurso.

“Todo esto sábeno ben no Grupo Cuevas, empresa que leva 150 anos predicando co exemplo, poñendo a Ourense no mundo e facendo da innovación a súa bandeira. Un exemplo sen dúbida e un modelo a seguir. E tamén estamos ante un grupo empresarial que, entre as súas múltiples cualidades, amosa unha inmensa sensibilidade artística e un apoio a estas expresións que non é doado de atopar nos tempos que corren”.

Baltar afirmou que o Grupo Cuevas "fai un servizo á sociedade poñendo a disposición de todos o talento dos participantes neste concurso", "un ámbito cultural –dixo- co que colabora tamén a deputación coa Escola Provincial de Artes e Oficios, co Centro Cultural "Marcos Valcárcel", co Teatro Principal e outorgando galardóns nas disciplinas literarias e das artes plásticas, un eido cultural que este ano ten unha especial relevancia con Día das Letras Galegas dedicado a un dos ourensáns máis senlleiros como é Carlos Casares". "Ourense é creatividade –remarcou Manuel Baltar-, e hoxe estamos nun acto de compromiso con Ignacio de las Cuevas e de futuro a prol da nosa cultura".

O certame, que forma parte das actividades conmemorativas do século e medio de existencia deste grupo empresarial, distinguiu co primeiro premio, dotado con 5.000 euros, ao coruñés Fernando Fernández Páez, polo retrato fotográfico "O instante", correspondendo a Mención especial Abanca Novos talentos, dotada con 2.500 euros, á ourensá Inma Vilanova pola fotografía titulada "Saba".
Esta exposición que percorrerá Galicia amosando esta escolma de creatividade, con 18 técnicas diferentes e enfoques fascinantes, regresará a Ourense tras percorrer as principais capitais. Dos 107 participantes, 34 foron seleccionados como finalistas polo xurado e son os que conforman a mostra.