Quince restaurantes Bid Gourmand Michelín

Vigo acolleu entrega dos Bid Gourmand Michelín Galicia 2017, un recoñecemento que outorga Michelín a todos aqueles establecementos que ofrecen unha boa proposta gastronómica a un prezo razoable e que nesta edición premiou a 15 restaurantes galegos.

Trátase dos restaurantes Arcadia (Arcade), O Balado (Boqueixón); Mar de Ardora (Cabana de Bergantiños); El de Alberto (A Coruña); Muíño (Esteiro); O Camiño Inglés (Ferrol); Trasmallo (A Guarda); Zurich (Laxe); Casa Barqueiro (Negreira); Comei Bebei (Oleiros); O xantar de Otelo (Redondela); Casa Marco (Vigo) e A Tafona, Ghalpón Abastos, e Mar de Esteiro, os tres en Santiago de Compostela.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou na entrega destas distincións o importante papel dos profesionais galegos que, co seu “excelente traballo”, dixo, están a conseguir achegar o mellor da nosa gastronomía a todos os públicos.

Durante a súa intervención, a responsable de Turismo da Xunta recordou que grazas a profesionais como eles, Galicia está a ser considerada un referente nacional e internacional no eido gastronómico, axudando a posicionar a nosa comunidade como destino gastronómico de calidade.