Lugo saca a contratación a produción de espectáculos e concertos para o Arde Lvcvs

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou os pregos de prescricións técnicas e de claúsulas administrativas para a contratación da produción de espectáculos e concertos do Arde Lvcvs 2017, que terá lugar o 30 de xuño e o 1 e 2 de xullo.

Tal e como explicou o voceiro municipal, Miguel Fernández, dita contratación realizarase por lotes. O primeiro, de escenarios, estruturas, gradas e elementos auxiliares, por 20.500 euros, o segundo, de producción de espectáculos na Praza de Santa María e no pavillón, por 14.200 euros; e un terceiro, de animación de rúa, por 12.500 euros. En total, o valor estimado do contrato ascende a uns 39.100 euros.

O Concello publicará un anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia, así como no perfil do contratante, na web www.lugo.gal. O prazo de presentación de proposicións será de quince días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no BOP.