Buscar/Hemeroteca

lunes, 10 de abril de 2017

Presentación do "Pacto Termal Nacional" no XII Encontro de vilas termais

Durante o XII Encontro de vilas termais, celebrado en Caldas de Reis e Cuntis, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou o "Pacto Termal Nacional", "unha iniciativa para promover o valor económico, cultural e de saúde do termalismo en España, e aproveitar as oportunidades que ofrece este sector en España", expresou o presidente do goberno provincial.

A iniciativa, que abrangue a entidades locais e provinciais, gobernos autonómicos, ao Goberno do Estado e tamén ao sector privado, está liderada pola sección de Vilas Termais da FEMP -presidida por Regina Polín- e pola Deputación de Ourense, configurándose como "unha alianza entre todos os axentes implicados na xestión das augas mineiro-medicinais e termais para afianzar o termalismo e aproveitar as potencialidades que ofrece o sector turístico termal en España". O obxectivo deste Plan é o desenvolvemento turístico termal eficiente, sustentable e de calidade, con melloras das infraestruturas termais, liñas de axudas para instalacións, investigación e actividades turísticas, e campañas de divulgación das vilas e territorios termais. 

A acción que con máis urxencia propón o Pacto Termal Nacional é instaurar un Programa de Paisaxe Cultural Termal, promovido polo Ministerio de Fomento e a FEMP, deseñado en 2017 e desenvolvido no período 2018-2020 "que tería como obxectivo crear unha liña especifica de axudas para municipios con augas mineiro-medicinais e termais que teñan recursos de valor patrimonial", expresou Manuel Baltar. 

Para esta liña de axudas o Pacto Termal suxire destinar 5 millóns de euros anuais, para contribuír a configurar destinos termais máis competitivos e cualificados, "reforzando seu papel como núcleos de dinamización do medio rural creadores de emprego e riqueza, e favorecendo o posicionamento de España como destino turístico termal", afirmou Baltar.

No hay comentarios: