Buscar/Hemeroteca

lunes, 10 de abril de 2017

O Palacete das Mendoza, nova oficina de atención turística do Concello de Pontevedra

depo.es
Vénse de asinar unha resolución presidencial mediante a cal se pon en marcha no Palacete das Mendoza a oficina de atención turística do Concello de Pontevedra. A través desta resolución centralízase na sede de Turismo Rías Baixas toda a información turística dirixida ás persoas que visitan a capital da provincia, facilitando e optimizando a atención ás e aos turistas que chegan ata a cidade.

Co obxectivo de seguir mellorando, impulsando e modernizando o sector turístico, a institución provincial, da man do Concello de Pontevedra, sumando sinerxías e pensando no ben común, están a impulsar medidas para optimizar os recursos públicos, entre as que se atopan o acordo adoptado de centralización da información turística na oficina do Palacete das Mendoza, a primeira de Galicia en obter a "Q" de Calidade, ademais de contar co distintivo do SICTED.

A partir de hoxe, tal e como manifestou Carmela Silva, "Pontevedra contará cun único punto de atención global para informar ás persoas que queiran coñecer a cidade e a provincia de Pontevedra, coordinando as políticas de fomento dirixidas ao sector turístico, compartindo e centralizando a información, sumando esforzos e sinerxías, tanto a nivel local como provincial, nunha única sede".

No hay comentarios: