Buscar/Hemeroteca

lunes, 6 de marzo de 2017

Valdeorras presenta viños da última colleita en Santiago

García Álvarez
Algúns dos viños máis relevantes pertencentes á ultima colleita de Valdeorras foron presentados esta tarde en Santiago no marco dun acto conducido polo actor Javier Veiga, que contou coa participación de diferentes autoridades, entre as que salientou a directora xeral de Gandaría e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, Belén do Campo. Ao inicio da presentación, o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Francisco García Álvarez, referiuse aos viños da zona como “os terceiros mellor valorados de España na prestixiosa Guía Peñín”.

Un total de 23 bodegas de Valdeorras (máis da metade das que conforman a D.O.) participaron no túnel do viño que se celebrou no marco do evento, no que puideron degustarse 49 referencias distintas (26 de brancos, 22 de tintos e 1 escumoso). Na súa intervención, o presidente do Consello Regulador puxo de manifesto o enorme salto cualitativo experimentado polos viños da comarca nos últimos anos.
Javier Veiga

“O sector vitivinícola de Valdeorras foi quen de mellorar a calidade de todos os procesos necesarios para a elaboración dun bo viño: poda, coidados das viñas, vendima, fermentación ou conservación en bodega, entre outros”, manifestou.

Precisamente, “todas estas melloras” permitiron á D.O de Valdeorras “incrementar notablemente” a súas exportacións, tal e como abondou García Álvarez. Neste entido, os Estados Unidos, o Reino Unido, Holanda, Bélxica e Xapón eríxense á cabeza dos mercados aos que máis viño venden as bodegas desta denominación.

No hay comentarios: