Buscar/Hemeroteca

domingo, 5 de febrero de 2017

Xantar rexistra 24.000 visitantes

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2017, que se celebrou durante cinco días en Expourense, acadou a cifra de 24.000 visitantes. Trátase do único certame internacional celebrado en España dedicado conxuntamente ao turismo e a gastronomía e este ano cumpriu a maioría de idade presentando a súa edición máis internacional, reunindo 232 expositores achegados de 11 países: España, Portugal, Panamá, Costa Rica, México, Ecuador, Paraguai, Francia, Perú, Cuba e Arxentina.

A 18ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico tivo como país convidado a Panamá e convocou en Expourense a máis de 230 expositores, entre os que destacaron 15 restaurantes que ofreceron 21 menús baseados nos produtos autóctonos e de calidade de cada rexión. O programa do certame ofreceu aos visitantes máis de 200 experiencias enogastronómicas e turísticas.


No hay comentarios: