A directora de Turismo de Galicia destacou a importancia de apostar por elementos diferenciadores e innovadores que incrementen a competitividade do sector turístico galego no mercado global. Neste senso, sinalou que o recoñecemento do destino a nivel nacional e internacional como diferenciado e como sustentable, así como a posta en valor dos nosos recursos endóxenos, a aposta pola oferta segmentada e multiexperiencial e a atención personalizada e de calidade son os piares sobre os que construír o turismo en Galicia.
A responsable de Turismo da Xunta felicitou ao Hotel-Restaurante Semáforo Fisterra por combinar á perfección natureza e gastronomía, as dúas principais motivacións polas que os turistas elixen Galicia como destino. “Os clientes, ademais de disfrutar da experiencia única de aloxarse nun faro coas mellores vistas da Costa da Morte, poden degustar a gran gastronomía desta comarca con produtos do mar de primeiro nivel”, explicou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario