Primeiro Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo

O primeiro Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo, no que está traballar o goberno da Deputación de Lugo, establecerá as liñas estratéxicas e os plans de actuación prioritaria para o período 2016-2020. Este Plan contempla a creación dun Consello Provincial que se encargará de xestionar e coordinar as actuacións turísticas nos concellos lucenses, tal e como anunciou o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, esta mañá en San Marcos.

Unha das recomendacións que recolle o “Informe sobre o Turismo na Provincia de Lugo”, elaborado polo Eixo Atlántico e presentado este xoves, coa presencia de Vidal Baamonde, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, o Alcalde de Monforte, José Tomé, e a Alcaldesa de Sarria, Pilar López é a necesidade de contar cun órgano provincial que impulse de forma homoxénea e conxunta as accións en materia turística é precisamente 

O Secretario Xeral do Eixo Atlántico sinalou que non se poderá impulsar o desenvolvemento turístico da provincia de Lugo se non se resolven antes as deficiencias nas comunicacións, tanto nas conexións viarias como nas infraestruturas tecnolóxicas. “Mentres non teñamos resolto os problemas de mobilidade e infraestruturas na provincia, todo o demais está lastrado”, asegurou. Nesta liña, o Informe do Eixo Atlántico destaca entre as principais debilidades que impiden desenvolver todo o potencial turístico da provincia as deficiencias nas vías de comunicación e as malas conexións aeroportuarias, o que requiriría da intervención dos gobernos autonómico e central, que son os que posúen as máximas competencias no eido das infraestruturas.

Tamén reclamou Vázquez Mao unh maior recoñecemento turístico para a provincia de Lugo, xa que conta cunha oferta diferencial con personalidade propia, e pediu a implicación do sector privado para impulsar o sector.