"Lacónicas", do 20 de febreiro ao 5 de marzo na Coruña

A segunda edición de Lacónicas, as Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos, que terán lugar entre o 20 de febreiro e o 5 de marzo na Coruña, contará cun total de 32 establecementos da cidade que ofrecerán menús especiais de degustación con prezos que oscilarán entre os 18 e os 30 euros. 

Este ano, a ofertas das xornadas Lacónicas completarase con diversas actividades relacionadas cos pratos típicos do Entroido, que terán lugar nos mercados municipais, concretamente no de San Agustín e no da Praza de Lugo. 

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, quen tamén é presidente do Consorcio de Turismo da Coruña, destacou "o gran atractivo para a xeración de turismo que teñen para a cidade os eventos gastronómicos, como queda patente en moitos dos estudos turísticos que se levan a cabo en Galicia". Así, indicou que "a segunda edición das xornadas Lacónicas é unha forma inmellorable de comezar un ano ateigado de eventos gastronómicos que poden xerar un importante polo de atracción turística", á vez que recordou que a cidade acollerá a "gran cita do Fórum Gastronómico" entre o 12 e o 14 de marzo.

Os estabelecementos participantes son A la Brasa, A Taberna de Cunqueiro, Cafe-Bar Áncora, Calma Chicha, Casa Bieito, Casa Lelín, Casa Martín, Casa Matilde, Central Park, El Local 20, El Prada, El Secreto Hemingway, Galiur, Gastroteca, La Bodeguilla de Padre Feijóo, La Huerta del Mercado, La Taberna del Arriero, Mesón Manolito, Mesón Moncho, Mesón O'Bo, O'Calexo, Oído Cocina!, Arcade-Hotel Plaza, Boavista, Comer y Picar, La Marola - Hotel Zenit, Restaurante Manolito, Restaurante Noray, O Fieital, Roots Urban Food, Taberna O'Trotamundos e Vinum.