Gastronomía e Entroido no Mercado Municipal de Lugo

O concello de Lugo presentou o inicio do Entroido cunha nova iniciativa gastronómica que busca fomentar o coñecemento dos produtos do Mercado Municipal, xunto cos da Praza de Abastos, e elaborar con eles receitas específicas destas datas, tanto de comidas como de doces típicos, aproveitando os recursos de ambas instalacións municipais. Ademais, preténdese impulsar estos espazos.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou que o Mercado Municipal acollerá esta iniciativa gastronómica este venres e sábado, de 17:00 a 19:00 horas o primeiro día, e de 11:30 a 13:30 horas o segundo. As xornadas estarán impartidas por profesionais da hostelería.

Aberta ao público e gratuíta as persoas interesadas en participar nesta iniciativa, pódense inscribir no Servizo de Información Cidadá 010, e para os de fóra de Lugo, chamando ao 982-29-73-50. Así mesmo, os propios días de celebración destas xornadas, os e as interesadas pódense achegar ata o Mercado. O número máximo por xornada é dunhas 20 persoas.