Exposición fotográfica xacobea en Valencia con prisma oiental

Turismo de Galicia en colaboración coa Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comunidade Valenciana inaugurou a exposición Camino de Santiago. Una visión desde oriente, do fotógrafo xaponés Tomohiro.

A mostra, que abre o programa conmemorativo do XXX aniversario da fundación da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Comunidade Valenciana, poderá visitarse ata o 27 de febreiro no Palau del Intendente Pineda de Valencia. 

A exposición chega a Valencia tras unha longa itinerancia iniciada en 2008 coa súa inauguración en París. Posteriormente viaxou a México D.F., Wakayama e Tokyo, onde se expuxo durante tres meses no Museo Aida. 

No ano 2010 percorreu varios concellos galegos do Camiño de Santiago como Palas de Rei, Redondela, Dumbría, Bertamiráns, Muxía e Fisterra, mostrando a súa visión sobre a experiencia que a peregrinación produciu neste fotógrafo xaponés. 

En 2011, grazas á colaboración do Consulado de España en Hamburgo, expúxose nas varias cidades de Alemaña, Lübeck, Hamburgo, Hannover, Buxtehude e Kiel, cultivando gran éxito de público e por onde continuou o seu periplo en 2012 inaugurándose en Regensburg. Tamén viaxou a Málaga e Castuera, 

Tomohiro Muda é un fotógrafo xaponés que peregrinou dúas veces a Santiago de Compostela fotografando a Ruta Xacobea e ofrecendo así a súa propia visión da mesma. Muda declárase amante do románico francés e sobre todo do español, de Santiago de Compostela e da peregrinación xacobea.