"Cando danas o patrimonio, dánasnos a todos"

A campaña Cando danas o patrimonio, dánasnos a todos, impulsada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en colaboración coa Secretaría de Estado de Cultura. O obxectivo é fomentar a concienciación social como ferramenta para procurar o respecto cara todos os elementos comúns dos núcleos históricos das Cidades Patrimonio, conta co Concello de Santiago como novo membro.

Diferentes espazos da cidade amosan uns carteis nos que se pode ler o lema da campaña, cunha imaxe que apela a esa concienciación social. O deseño é o gañador dun concurso celebrado o ano pasado, no que se pedían traballos inspirados na protección ambiental nas cidades e que transmitiran a súa fraxilidade ante actos incívicos. A gañadora foi a ubetense Rocío Rodríguez, que recibiu un premio de 1.500 euros. En total, repartíronse 40.000 carteis entre as 15 cidades do grupo. No caso de Santiago, poderanse ver en centros socioculturais e educativos.

Existen problemas comúns no coidado dos seus núcleos históricos, que en moitos casos teñen que ver coa proliferación de pintadas, e que afectan a todas as cidades do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. O obxetivo desta campaña é que a veciñanza se sinta máis orgullosa do seu patrimonio, e contribúa activamente ao seu coidado.