Campionato Internacional de Baristas de Foz en streaming

X Campionato Internacional de Baristas de Foz, que terá lugar do 15 ao 17 de febreiro, podrá verse en streaming gracias a Fundación TIC. Alumnos de 2º de Realización da Escola de Imaxe e Son, EIS, encargaranse do streaming o do X Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría, que emitirá a través do seu canal de Facebook Life. 

E para seguir in situ o resto dos certames, un equipo da TIC dará sinal a dúas pantallas de plasma. para o V Campionato Internacional de Baristas Profesionais e o de Catas de Café. Hai unha década ca TIC colabora coa organización do certame, por mor do convenio que ten asinado co IES de Foz.

Así, o mércores, 15 de febreiro comezan as probas as 17:00 horas coa final do X Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, ao que seguirá o V Campionato Internacional de Cata de Cafés. Ás 20:00 horas terá lugar a entrega de trofeos do certame de cata, e ás 20:30 horas unha demostración de Tiraxe de Cervexa. O xoves, día 16, ás 9:30 horas comeza a última fase da final do Campionato de Baristas de Escolas de Hostalaría. Ás 13:30 horas fará unha demostración o Campión de España en Latte Art, Héctor Hernández, e ás 14:00 horas será a entrega de premios. 
O último día, o venres 17 estará adicado ao V Campionato Internacional de Baristas que se desenvolverá a partir das 9:00 horas, para concluír coa entrega de trofeos ás 14:30 horas.

Nesta edición participarán 14 Escolas de Hostalaría de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela León, e 12 profesionais de prestixio no sector.