Actualización das estradas do Camiño de Santiago pola Costa no concello de Baiona

Dúas estradas de titularidade provincial no concello de Baiona que coinciden co Camiño de Santiago portugués pola Costan serán redeseñadas e melloradas Deputación de Pontevedra segundo explicou o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez. 

O financiamento da obra –que roldará os 350.000 euros- plasmarase en breve nun convenio entre ambas administracións (Deputación e Concello) para deixar claras as obrigas de cada parte, así o confirmou o deputado Benítez. 

As actuacións que se realizarán en Baiona teñen por finalidade "dar valor aos peóns dinamizando unha zona que actualmente presenta unha serie de carencias e inconvenientes, como a inexistencia de beiravía, que padecen todos os que pasan por alí camiñando. O novo deseño da zona permitirá a todas as persoas gozar da fermosa paisaxe da contorna".

Preténdese buscar un deseño que sexa comprensible polos usuarios, utilizade e practicable por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade. Así, a previsión é instalar unha senda peonil e tamén elementos físicos de calmado do tráfico tales como pasos de peóns sobreelevados (coñecidos como ‘lombos') e redutores físicos de velocidade para vehículos, que permitirán a creación dunha zona de velocidade máxima de 30 quilómetros por hora.

Concretamente, o ámbito de actuación da obra abranguerá 675 metros da estrada provincial EP-2203 entre Baredo e Loureza (entre os P.Q. 2+625 ata o P.Q. 3+300) e outros 300 metros da EP-2202 Baiona-Loureza (dende o P.Q. 1+500 ata o P.Q. 1+800).