Buscar/Hemeroteca

martes, 10 de enero de 2017

Santiago, a cidade mellor valorada online a nivel nacional

Gran Hotel Los Abetos
A partir de todas as opinións ofrecidas por os viaxeiros que teñen acceso o buscador de hoteis trivago.es -máis de 200 millóns procedentes de máis de 200 portais de reserva- elabórase o ranking de reputación online das principais cidades do mundo. Con 83,72 puntos sobre 100, Santiago de Compostela é a cidade española con mellor reputación e sitúase no posto 37 a nivel mundial.

A planta hoteleira de Santiago é seguida moi de lonxe polas de Granada (81,75), Valencia (81,64), Córdoba (81,63), Málaga (81,41) e San Sebastián (81,40). As cidades españolas representadas manteñen unhas valoracións que se moven entre os 81 e os 83 puntos, pero Santiago de Compostela despunta de entre todas elas, superando a puntuación de cidades como Kioto (83,40), Varsovia (83,38), Lisboa (83,16), Bogotá (82,81) ou Washington D.C. (82,44).

Ademais, Santiago de Compostela é a sexta cidade española con maior número de opinións de usuarios sobre hoteis en Internet, con máis de 70.000. Este ranking encabézao Granada e, a nivel mundial, está liderado por Praga, Viena, Budapest e Lisboa.

No hay comentarios: