Buscar/Hemeroteca

martes, 17 de enero de 2017

Promoción turística do mosteiro de Oseira

 O Pazo Provincial da Deputación de Ourense, acolleu o encontro entre o presidente Manuel Baltar, e o prior do mosteiro de Oseira, Alfonso Lora, no cal trataron temas referidos ao patrimonio cultural, arquitectónico e histórico da provincia de Ourense. 

Concretamente, Baltar e Lora analizaron a situación actual da abadía, as necesidades de mellora do cenobio e aspectos de sinalización e promoción turística deste importante enclave, situado na contorna do Camiño de Santiago. 

O presidente do goberno provincial destacou "o importante labor que a comunidade de monxes de Oseira vén realizando no que atinxe ao mantemento do mosteiro e das tradicións seculares do mesmo, conxugando perfectamente historia e modernidade, para adaptarse aos tempos actuais pero sempre mantendo os valores tradicionais, históricos e etnográficos dun símbolo arquitectónico, cultural e relixioso en Galicia como é o mosteiro de Oseira", afirmou Manuel Baltar.

No hay comentarios: