Martiño Noriega valora "moi positivamente" os datos turísticos de 2016

Martiño Noriega, sinalou en relación os datos turísticos do ano que vén de rematarque que "despois dos récords de 2016, ao Concello tócalle seguir poñendo da súa parte para manter eses bos resultados, dos que son corresponsables distintas entidades e administracións".

O alcalde de Santiago avaliou como "moi positivamente" os datos turísticos do ano 2016, "que hai que poñer en valor porque son bos para o conxunto da cidade". 

O ano pechouse con dous récords históricos para o sector turístico de Santiago. Por unha banda, o aeroporto de Lavacolla superou os 2,5 millóns de pasaxeiros, deixando atrás a súa marca histórica de 2.464.300 usuarios do ano 2011. Por outro lado, o ano cerrouse con 278.041 peregrinos que conseguiron a "Compostela".

O alcalde felicitouse especialmente porque "o Camiño de Santiago demostrou estar totalmente internacionalizado, con peregrinos de 146 nacionalidades distintas, e iso significa que aínda ten moito potencial". Martiño Noriega apuntou que "é unha prioridade mellorar o estado dos últimos tramos da ruta xacobea, e nesa liña están abertas xa conversas coa Xunta que deberán dar resultados visibles antes do vindeiro Ano Santo".