Lugo cheo de sabores tamén en Fitur

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, dará a coñecer na XXXVII Feira Internacional de Turismo de Madrid un novo volume, o décimo, da guía turístico-gastronómica da provincia de Lugo … E para comer, Lugo.

No acto, que terá lugar este mércores a partir das 16:00 horas no stand de Galicia en Fitur, Real presentará a publicación títulada Lugo, 67 destinos. Unha nova guía que, con motivo deste décimo aniversario, está dedicada a todos e cada un dos municipios que conforman esta provincia repasando, de maneira sinxela e práctica, os atractivos culturais, festivos e gastronómicos máis destacados de cada un deles.