Acordo entre a Deputación de Ourense e Melgaço para novos proxectos trasnfonteirizos

O eixo da reunión que mantivo o vicepresidente segundo da Deputación, Jorge Pumar, co alcalde da localidade portuguesa de Melgaço, Manoel Batista versou sobre a posibilidade de optar a futuros proxectos europeos en próximas convocatorias da Unión Europea. No encontro, que tivo lugar na Cámara Municipal da vila lusa, tamén estivo presente o alcalde de Bande, José Antonio Armada.

Na reunión, que terá continuidade cun segundo encontro a finais de xaneiro na Deputación de Ourense, analizáronse as oportunidades de financiamento existentes para presentar novos proxectos transfronteirizos á Unión Europea. 

Jorge Pumar valorou positivamente esta iniciativa "dada a importancia que teñen as relacións entre a provincia de Ourense e o norte de Portugal, onde dos dezaseis concellos ourensáns que comparten límites fronteirizos con Portugal, catro deles o fan con Melgaço: Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Lobeira e Entrimo".