Quexería Hoxe, Mellor Peme Agroalimentaria de Galicia

Arecibiu o Premio Carrefour á “Mellor Peme Agroalimentaria de Galicia”. A Cooperativa faise con este recoñecemento grazas á votación dos clientes de Carrefour que visitaron a campaña “Dá Terra e do Mar a Maior Calidade”, desenvolvida nos hipermercados galegos da cadea de distribución. 

O xerente da Quesería Hoxe, Lito Andión, foi o encargado de recoller o premio e na súa intervención agradeceu o esforzo e a dedicación de todos os que forman a Cooperativa, traballadores, produtores e outros colaboradores; así mesmo agradeceu a cadeas de distribución como Carrrefour, por levar a cabo iniciativas como esta.

Andión fixo especial fincapé sobre a importancia que teñen para Hoxe as explotacións gandeiras, ao redor de 100, a quen desde a cooperativa recóllese o leite diariamente e existe unha estreita colaboración entre os gandeiros e os veterinarios da queixería na adecuación das súas instalacións e na mellora da súa produción de leite. 

A Queixería Hoxe, fundada no ano 1973, atópase situada en Prado-Lalín onde se transforman 40 mil litros diarios de leite e elabóranse máis de 1 millón de quilos de queixo ao ano. Os queixos son de distintas variedades, Queixo tetilla e Arzua Ulloa, queixos de barra galega, queixos cremositos, queixos semicurados, semidesnatados, sen sal. Comercialízanse baixo as marcas de Hoxe, Deza, A Queixería Hoxe, Neno, Cremosiño Hoxe, Livian e Lendas.