Buscar/Hemeroteca

martes, 13 de diciembre de 2016

Portugal é o principal mercado turístico emisor de Galicia

Portugal é o principal mercado turístico internacional de Galicia con 172.499 viaxeiros e 278.763 pernoitas nos dez primeiros meses de 2016, representando o 15,4% do total do turismo internacional da Comunidade. 

Nos primeiros dez meses deste ano o mercado portugués superou nun 17,6% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 15% o número de noites rexistradas na Comunidade galega en relación ao mesmo período do ano anterior. 

Neste senso, a directora de Turtismo de Galicia, Nava Castro enxalzou o peso do Camiño Portugués no turismo que recibe Galicia ao ser a segunda ruta máis transitada do Camiño de Santiago, despois do itinerario francés, concentrando o 18% dos peregrinos que chegan a Compostela con 52.000 peregrinos, 13.000 deles de nacionalidade portuguesa, dos 277.000 que recibiu Galicia no que vai de ano. 

Ao respecto, engadiu que neste 2016 Galicia xa recibiu máis peregrinos que no último Ano Xacobeo 2010 e que a ruta portuguesa rexistrou 10.000 peregrinos máis que no mesmo período do ano pasado.

Á vista destes datos, Nava Castrocualificou o Camiño Portugués como o “produto estrela” que debe reforzar a unión de Galicia e o norte de Portugal para tender a unha colaboración interadministrativa que permita impulsar o turismo da Eurorrexión e asegurar unha identidade única en cuestións como a sinalética, a comunicación ou a política de albergues.


No hay comentarios: