O Centro de Interpretación do Camiño do Norte goza de nova sede en Mondoñedo

Visita de autoridades á nova sede
sede, o Centro Centro Cultural Alcántara de Mondoñedo. Esta nova ubicación achega este importante equipamento e facilita o acceso a súa información aos seus principais destinatarios, os peregrinos, ao estar situado fisicamente no propio trazado do Camiño Norte, xunto ao albergue de peregrinos.

Esta intervención de traslado e adaptación do Centro ao novo espazo museístico supuxo un investimento de en torno os 40.000 euros e constitúe unha das accións incluídas no Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago o cal dedica este ano 2016 ao Camiño do Norte e Primitivo. 

O recoñecemento da UNESCO de engadir na Lista de Patrimonio Mundial o ben “Os Camiños de Santiago do Norte Peninsular” o pasado ano supuxo un novo pulo tanto para o Camiño do Norte como para o Camiño Primitivo.

Deste xeito, a Ruta Xacobea do Norte ten cada vez mais adeptos seguindo unha forte progresión ascendente no seu número de usuarios acollendo no que vai de ano un total de 17.200 peregrinos, o que supón un incremento de máis do 9% en relación ao mesmo período do ano anterior e consolidándose, así, como a terceira Ruta Xacobea máis transitada, só por detrás do Camiño Francés e Portugués.