Buscar/Hemeroteca

lunes, 19 de diciembre de 2016

Comezou a Cata dos Queixos e Meles de Galicia

Arrancou no Centro Superior de Hostalería de Galicia, en Santiago, a XIX Cata dos Queixos e a XV Cata dos Meles de Galicia cun total de 66 e 29 mostras respectivamente. Estes certames están organizados pola Consellería do Medio Rural en colaboración cos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas.

Na Cata dos Queixos participan un total de 66 mostras, das que 27 corresponden á Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa (18 de queixo fresco e 9 de queixo curado), outras 24 á DOP Queixo Tetilla, 10 á DOP San Simón da Costa e 5 á DOP Cebreiro. 

Por outra banda, na Cata dos Meles concursan este ano un total de 29 mostras, das cales 17 correspóndense á categoría de multiflorais e 12 á de monoflorais. Ao igual que en convocatorias anteriores, o mel presentado a concurso debe pertencer á colleita dese mesmo ano, é dicir, do 2016, e estar previamente certificado e sometido aos controis do Consello Regulador.


No hay comentarios: