Belén do caneiro no consistorio de Lugo

Durante o Nadal pódese ver na Casa do Concello o Belén do caneiro. O autor deste Nacemento, situado na entrada principal do consistorio, foi o carpinteiro lucense Luis Manuel Santos Dobarro. 

Con este Belén quérense lembrar os caneiros, que tan importantes foron para o río Miño e para as súas xentes. Todas as construcións e decorados están realizados de forma totalmente artesá, agás as figuras, e, para iso, o seu autor empregou diferentes tipos de raíces, cortizas, madeiras, teas, arxila, palla e herba. Para os decorados exteriores empregouse area, serraduras de carballo, cortizas, pedras, musgo artificial, ou resto de poda, entre outros materiais.