Segunda edición do Festival do Bocadillo Gourmet

A segunda edición do Festival Bocata Gourmet Boucatise se desenvolverá ao longo de dúas xornadas, o 3 de o 4 de decembro, no mercado de San Agustín, en horario de 12.00 horas a 18.00 horas. 

O II Festival do Bocadillo Gourmet contará non só con postos onde destacados chefs e locais da cidade ofrecerán os seus bocadillos, senón que durante os dous días de celebración realizará unha serie de showcookings, nos que recoñecidos profesionais do sector analizarán o estado da gastronomía galega e cociñarán en directo os seus mellores platos. Así o sábado tres de decembro, entre as 12.00 horas e as 17.30 horas sucederanse as presentacións de Luis Veira, do restaurante Árbor e da Veira, cunha Estrella Michelín, de Adrián Felipez, do restaurante Miga, de Xoán Crujeiras (Bido) e de Moncho Bargo e Javier Freijeiro, este último de El Huerto. De carácter gratuíto e aberto a todo o público é necesario incribirse de forma previa, a partir do 25 de novembro, en http://boucatise.eventrite.com.

O domingo, catro de decembro, entre as 12.00 horas do mediodía e as 16.00 horas terán lugar no mercado de San Agustín os showcookings de Chisco Jiménez (Culuca Cociña Bar), Iván Domínguez (restaurante Alborada, cunha estrella Michelín) e Carlos Pérez, do restaurante Hokuto. Tamén terá lugar, entre as 16.30 horas e as 18.00 horas o II Concurso Bocata Gourmet A Coruña, no que participará estudantado da hostalería da cidade. Os e as participantes elaborarán en directo as súas proposta gastronómicas, que serán valoradas por un xurado composto por exepertos e profesionais da restauración para cometir polo premio ao mellor Bocata Gourmet A Coruña 2016.

Tanto o sábado, como o domingo, e como gran atractivo para o público, San Agustín acollerá o Espazo Bocatas Gourmet, que se desenvolverá como novidade non só na primeira planta do mercado senón tamén na baixa. Os puntos de venda medran con respecto á primeira edición do festival de oito a 12. Os bocadillos gourmet terán un prezo que oscilará entre os tres e os cinco euros.