Buscar/Hemeroteca

jueves, 1 de diciembre de 2016

O turismo internacional marca un record histórico en Galicia

O turismo internacional de Galicia acadou nos dez primeiros meses do ano máis de 1.300.000 viaxeiros, superando así un dos grandes obxectivos marcados no Plan Integral de Turismo 2013-2016, o de acadar 1.250.000 viaxeiros estranxeiros.

Deste xeito, os datos acumulados do turismo internacional incrementáronse nun 10% motivado pola suba da súa cifra de viaxeiros do 7,7%. Estes incrementos sitúan os niveis deste mercado neste ano en máximos históricos tanto de viaxeiros aloxados –con máis de 1,3 millóns- coma de pernoitas –con 2,14 millóns no conxunto da comunidade-. 

En liñas xerais, nos primeiros dez meses deste ano 2016 Galicia rexistrou máximos históricos nos seus niveis de demanda turística, cun incremento do 7,6% no relativo ao volume de viaxeiros aloxados –con 4.510.191- e do 9,3% no que atinxe ás pernoitas –con 9.237.819 neste período-.

Polo que respecta aos distintos mercados turísticos, o turismo nacional incrementou un 9,0% as súas pernoitas e un 7,6% os seus viaxeiros acadando –con preto de 3,2 millóns de viaxeiros e preto de 7,1 millóns de pernoitas- as cifras máis elevadas dos últimos seis anos.

En relación as tipoloxías de aloxamento, rexistráronse neste período incrementos xeneralizados destacando o crecemento dos apartamentos turísticos que aumentaron as súas pernoitas nun 31,5%. Así mesmo, nos establecementos de turismo rural o crecemento foi do 17,7% e nos cámpings do 15,3%.

En termos de ocupación, Galicia mellorou as súas cifras en todas as tipoloxías de aloxamento destacando neste sentido os cámpings cunha suba de 3,6 puntos porcentuais e os hoteis e os establecementos de turismo rural onde os incrementos achéganse aos tres puntos.

No pasado mes de outubro Galicia acolleu un máximo histórico de viaxeiros aloxados ao rexistrar un total de 437.652, un 9,8% máis que no mesmo mes do ano anterior. A nosa comunidade incrementou neste pasado mes nun 11.5% as súas pernoitas rexistrando un total de 821.233, a cifra máis elevada dos últimos seis anos.

No hay comentarios: