Buscar/Hemeroteca

martes, 22 de noviembre de 2016

O Ribeiro acada 23 galardóns no Certame Internacional de Viños Brancos Galegos

A Denominación de Orixe Ribeiro recibiu un total de 23 galardóns no Certame Internacional de Viños Brancos Galegos, concurso paralelo ao de Tempranillos al Mundo 2016, no que participaron preto de 150 viños brancos de tódalas DD.OO. galegas e que se desenvolveu integramente no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. A D.O. Ribeiro logrou un Gran Tempranillo de Oro, 10 Tempranillos de Oro e 12 Tempranillos de Plata.

Con Gran Tempranillo Oro atopamos Sanclodio e con Tempranillo Oro Ramón do Casar, Canción de Elisa, Javier Vasallo, Alter, Mauro Estévez, Pazos de Albor, Armán Finca Os Loureiros, Casal de Armán, Manuel Rojo e Gotas de Mar Godello. Finalmente con Tempranillo de Prata para vinos galegos quedaron Ramón do Casar Nobre, Ramón do Casar Treixadura, Son de Arrieiro, Gran Alanís, Priorato de Razamonde, Farnadas, Benedictus Frutus, Expresión de Pazo do Mar, Colección 68, 3 URA, Val de Nairoa e Cunqueiro III Milenium.

A novena edición do Concurso Internacional Itinerante Tempranillos al Mundo e a primeira edición do Certamen Internacional de Vinos Blancos Gallegos celebráronse conxuntamente do 8 ao 10 de novembro en Ourense contando cun xurado profesional formado por 25 expertos catadores. O concurso de brancos realizouse co principal obxectivo de que os catadores coñecesen as virtudes das variedades de uva branca autóctonas da zona.

O Concurso Internacional Tempranillos al Mundo, organizado conxuntamente nesta edición pola Federación Española de Asociaciones de Enólogos (FEAE) e a Asociación Gallega de Enólogos (AGE), contou con preto de 500 mostras entre os dous concursos e xa se ten celebrado en cidades como Copenhague, Colonia, Shanghai, París, Nueva York ou Estocolmo e inclúe agora Ourense ao seu listado.

No hay comentarios: